Xa vedes que na historia hai moitas mulleres importantes e que moitas delas non son recoñecidas porque o que predomina na historia son os homes. Podedes seguir investigando e veres
Esta webquest está pensada pra que os alumnos de 4º de primaria coñezan investigando o desenvolvemento social da muller galega ao longo do século XX.
Nombre y Apellidos del Autor:
Idioma:
Nivel Educativo:
Area de Conocimiento:
Cando fagades a posta en común de tódolos traballos faremos tamén a valoración do mesmo. Pero para ir vendo se aprendíchedes algo, podedes ir facendo o seguinte cuentionario. Premer sobre o nome.
Introducción:
Este traballo que ides levar a cabo vai a darvos unha visión de como se desenvolveu a vida das mulleres galegas ao longo do século XX e da loita que mantiveron para acadar a igualdade cos homes. Ben e certo que aínda queda camiño por andar, pero veredes os seus progresos e coñeceredes mulleres de vida exemplar que traballaron no mundo dos homes e que aínda que foron moi importantes nos seus ámbitos, son descoñecidas para a maioría das persoas, pola súa condición feminina. Esta foto é de Josefa García Segret, unha mestra nacida en Tui pero que exerceu , no concello de Tomiño, que logo da guerra civil sufriu cárcere e desterro.
Para completar o traballo tendes que facer grupos de catro, para traballar cada grupo un dos apartados seguintes, nos que dividimos o traballo:
1.- SUFRAGUISMO
2.- EDUCACIÓN
3.- CIENTÍFICAS
4.- CULTURA ( música, teatro, danza, pintura, escritura)
5.- POLITICO - SOCIAL - GUERRILLEIRAS
6.- RELIXIÓN - REALEZA - ARISTÓCRATAS
7.- EMIGRACIÓN
Unha vez creados os grupos, farédesvos con lapiz e papel para anotar todo o que precisedes e baixaredes e imprimiredes as fichas que conteñen as orientacións para cada grupo. Son dou tipos de ficha: unha para o grupo que vai traballar o SUFRAGUISMO e outra para os restantes grupos. Premendo sobre o nome accededes a descarga:
Si xa tendes a ficha, podedes iniciar o traballo buscando información no apartado RECURSOS desta webquest.
A informacíon recollerédela nunha carpeta que creades no ordenador ou non voso pen. Os escritos farédelos con Openoffice, gardaredes as imaxes e cando teñades todo recollido, faremos unha presentación e posta en común de tódolos grupos.
ÁNIMO QUE VAI SER DIVERTIDO
A imaxe das redeiras está sacada do almacen de imaxes do INTEF, a foto de Josefa G. Segret e da páxina http://baixrepublicaretallscultura.blogspot.com.es
Os enlaces son da wikipedia, do Consello da Cultura Galega, e de Galicia espallada