dfdhgfhsbf
Nombre y Apellidos del Autor:
Idioma:
Nivel Educativo:
Area de Conocimiento:
fdgsdhgdhg
Introducción:
ESCENARIO
Ti traballas na panadería- pastelería FLOR E NATA de Ourense. Na tempresa están a ocorrer unha serie de cambios, xa que están a despedir a distintos compañeiros. Os motivos son diversos.
1- Elabora o finiquito correspondente ó contrato elaborado e firmado con anterioridade (unidade7), tendo en conta que disfrutaches das vacacións que che corresponden. No caso de que tiveras un contrato indefinido a extinción do contrato será por despedimento disciplinario.
2- Un compañeiro teu ten un contrato indefinido a xornada completa, co mesmo Convenio e para o mesmo posto (que escolleches para realizar o contrato). Elabora o seu finiquito, tendo en conta que disfrutou de 20 días de vacacións e que se trata dun despedimento por causas obxectivas, o cal llo comunicaron o mesmo día.
3- Ademais deberás calcular a indemnización á que tes dereito ante a seguinte situación:
Tes un contrato indefinido a tempo completo na empresa PAN E MÁIS e foches despedido en virtude dun despido colectivo por causas económicas. A empresa contaba no momento de formalizar o despedimento colectivo cunha plantilla de 89 traballadores e o despedimento afectou a 26. A decisión da empresa foi alegada e comunicada ós representantes dos traballadores e procedeuse a un expediente de regulación de emprego por ditas causas económicas. Na negociación, chegase a un acordo coa dirección da empresa polo que se acorda unha indemnización que supera en dous días a legal para estes casos. Estas medidas son aceptadas polos representantes dos traballadores e vos deixades de prestar os vosos servizos o día 31 de outubro de 2015. O acordo é aceptado pola Delegación Provincial de Traballo correspondente.
O que chee pedimos para resolver esta miniquest é que traballedes en parellas e sigades os seguintes pasos:
1. Analizaredes o problema exposto e repasaredes o convenio correspondente para determinar se hai disposicións aplicables ou non e as particularidades (antigüidade…). Chegaredes a un acordo sobre o tipo de despedimento. Debedes determinar e argumentar a causa da extinción e os seus efectos.
2. Individualmente empregando o contrato firmado (unidade 8), a nómina elaborada (unidade 9) e o convenio colectivo correspondente (unidade 7) confeccionaredes o voso finiquito segundo as condicións antes establecidas por vos no contrato. En total confeccionaredes tres finiquitos diferentes. Descargararedes da páxina web do ministerio o modelo de liquidación e finiquito (PDF) e cumprimentaredelo.
3. Estes finiquitos deberán estar motivados e serán enviados mediante a tarefa correspondente da aula virtual.